<body><script type="text/javascript"> function setAttributeOnload(object, attribute, val) { if(window.addEventListener) { window.addEventListener("load", function(){ object[attribute] = val; }, false); } else { window.attachEvent('onload', function(){ object[attribute] = val; }); } } </script> <iframe src="http://www.blogger.com/navbar.g?targetBlogID=7583968&amp;blogName=teenage+depresion&amp;publishMode=PUBLISH_MODE_BLOGSPOT&amp;navbarType=BLACK&amp;layoutType=CLASSIC&amp;searchRoot=http://teenagedepresion.blogspot.com/search&amp;blogLocale=es_ES&amp;homepageUrl=http://teenagedepresion.blogspot.com/&amp;vt=2304630388302515866" marginwidth="0" marginheight="0" scrolling="no" frameborder="0" height="30px" width="100%" id="navbar-iframe" allowtransparency="true" title="Blogger Navigation and Search"></iframe> <div></div>

20050527

Aqui

Ollo cara a folla ainda morna e chosco os ollos para comprobar que todo vai ben, que a miña comprension lectora non vai a menos, e que a folla é a axeitada. E descubro que si, que e verdade. Que Aqui nos deixa, logo dun ano de fermosos dibuxos coas verbas. De viaxes estranos e de sensacions esquencidas. Ocorreseme pensar o aburridas que son as liñas rectas sen comenzo nen fin, e que as boas cousas da mesma maneira que escomenzan, tamen rematan.

Aqui escribeu coas mans do corazón. Escolleu as verbas coa ialma e mostrounos as suas entrañas encarnadas, de paixon e de verdade. Pero coa mesma inmediatez do que fala, aqui xa e alí, ou acolá porque o seu selo levaremolo estampado nas ventas.

Moitas grazas, gracias, parabens e unha aperta con todo o cariño de chamizo. Aqui estamos, e aqui seguiremos.

1 Comments:

Blogger AQUI said...

grazas a ti, chamizo, por estares aí. e grazas polas túas palabras.
unha aperta.

12:00 PM  

Publicar un comentario en la entrada

<< Home